ANÁLISE OBXETIVO
1. Descripción
do anuncio
O
spot que estamos analizando trátase dun comercial da campaña “Somos
Ambiente” desenvolvido pola Presidencia de la Nación (Arxentina).
Este anuncia o coidado que todos os cidadáns e cidadás debemos ter
co ambiente, pois el é a nosa vida, e debemos respetalo. O soporte
no que se atopa dito spot, é un soporte dixital e podemos acceder a
el a través dun ordenador ou móbil, así como tamén podemos
atopalo na televisión.
2. Descrición
da imaxe
O
spot é moi colorido, usa unha ampla gama de cores que chaman a
atención e fan o anuncio máis atractivo. Ademais, conta cunha gran
iluminación, polo que se fai máis vistoso. En canto ao plano da
imaxe, podemos falar dun plano xeral, pois visualízase completamente
todos os elementos da escena, é dicir, aparecen todas as persoas de
pés a cabeza, sen ningún recorte.
Dende
o noso punto de vista, este spot parécenos moi axeitado porque capta
moito a atención do espectador. Isto débese á variedade de escenas
que se presentan con múltiples elementos (primeiro un campo, despois
unha cidade, nenos, animais...). Ademais, adáptanse aos contidos do
nivel empregado no noso proxecto, de tal forma que os nenos e nenas
de 9-10 anos, non terán ningún problema para entendelo.
3. Descrición
do texto
Acerca
de este spot, podemos dicir que practicamente carece de texto,
soamente o atopamos ao remate do mesmo. Así pois, aparece o título
do spot (“Somos Ambiente)”, cun logotipo dunha flor, seguido
dunha oración moralizante que busca concienciar á sociedade (“
Nuestra vida depende tu cuidado”). Por último, faise referencia ao
responsable deste anuncio, que sería a Presidencia de la Nación de
Arxentina.
ANÁLISE INTERPRETATIVO
1. Público
ao que vai dirixido
Este
spot vai dirixido á sociedade en xeral, e é apto para todos os
públicos, dende os máis cativos ata os maiores.
2. Características
da imaxe
En
canto as características da imaxe do noso spot, podemos falar
primeiramente dunha gran iconicidade, debido a que se trata dun spot
en cor e non en branco e negro. En segundo lugar, non existe
abstracción, senón que se trata dunha imaxe realista, pois non son
nin imaxes arbitrarias, nin surrealistas nin abstractas; son imaxes
que teñen relación coa realidade. En terceiro lugar, podíamos
dicir que as imaxes son complexas porque requiren tempo e atención
do espectador para a súa análise. Ademais, estas imaxes son
polisémicas; representa un aspecto da realidade e suxire
significados máis complexos. En cuarto lugar, as imaxes son
polisémicas, pois son as máis empregadas para a publicidade. Estas
encárganse de transmitir unha mensaxe oculta e máis profunda. En
quinto e último lugar, podemos falar de que as imaxes son
orixinais, xa que resultan innovadoras polo feito de que o mundo
require movemento, ademais de que as imaxes van aparecendo a medida
que este se move.
3. Mensaxe
do anuncio
O
obxectivo principal do spot é concienciar a sociedade da importancia
que ten o medio ambiente nas nosas vidas. Así pois, a través da
aparición de diversos ambientes (campos, prados, cidades,
industrias, montañas...) demóstranos cómo todo forma parte dunha
rede de vida, é dicir, todo está relacionado.
Sen
embargo, na metade do anuncio existe un contraste en canto a luz,
pois desaparece a iluminación para facer fincapé no que se quere
comunicar nese momento. Concretamente, a idea que se transmite é que
os cidadáns e cidadás empregamos os recursos da terra como se fosen
ilimitados, sen decatarnos de que todo ten un fin. Así pois, debemos
por en práctica os nosos coñecementos de forma axeitada e empregar
estes recursos de forma concienciada.
En
canto a relación de texto-imaxe, como ben comentamos anteriormente,
unicamente atopamos o título do anuncio e a oración moralizadora,
que pretende resaltar a idea primordial que primeiramente se fixo
mediante imaxes. Así pois, o que se quixo resaltar con este spot é
o coidado da natureza e importancia que esta ten.
4. Sistema
de valores
O
spot caracterízase pola creatividade e a imaxinación, sobre todo se
nos referimos á presentación de imaxes, pois estas son atractivas e
interesantes, reais e diversas. Por outro lado, tamén debemos falar
do respeto como outro valor, que é precisamente o que pretende
comunicar o anuncio.
ANÁLISE SUBXETIVO
1. Opinión
persoal
Na
nosa opinión, cremos que este anuncio está moi ben elaborado, sobre
todo polo enfoque que se emprega. O feito de que o mundo cobre vida,
e xire, é moi orixinal e chama moito a atención, sobre todo a dos
mais cativos. Ademais, ao presentar as imaxes de forma lineal e
mostrando a relación existente entre cada unha delas, fai
recapacitar ao espectador sobre o contido que se quere trasmitir.
2. Cómo
farías ti o anuncio
A
dicir verdade, a todas as compoñentes do noso grupo gústalles moito
este anuncio. Nun primeiro momento non faríamos cambios, polo menos
non na presentación. Cremos que a temática é correcta e axeitada
especialmente para o noso alumnado de cuarto curso de educación
primaria. O único cambio que realizaríamos sería o idioma, pois o
noso interese é facelo en galego fronte ao arxentino deste anuncio.
Aquí tedes o spot publicitario:
Esperamos que vos guste!
No hay comentarios:
Publicar un comentario