miércoles, 29 de abril de 2015

Voltaremos antes do que imaxinedes!

Hoxe poñemos fin a esta experiencia tan enriquecedora. Nestes catro meses, a pesar de momentos de estrés, aprendemos a traballar dunha maneira diferente coas tecnoloxías e, grazas a iso, dispoñemos de máis recursos para empregar posteriormente na nosa labor docente.
Sen embargo, este non é un adeus. Seguiremos compartindo con vosco moitas ideas máis.
Agardamos que vos gustase e que o blog vos sirva de axuda, pois todas o fixemos con moito empeño.
Ata pronto rapaces e rapazas!!               

O noso póster


O noso paso polo blog

Esta é a dispositiva que resume o noso paso polo blog, xa que en todo momento traballamos cooperativamente e en equipo!

Cómo afectou a materia de Novas Tecnoloxías á nosa maneira de pensar como futuras docentes?

Cando nos preguntaban polas tecnoloxías aplicadas á Educación Primaria todas tiñamos un pouco de medo. Non é fácil conseguir que os nenos e nenas concilien a educación coa diversión; non porque sexa imposible, senón porque non estamos afeitos a isto e, ás veces, a novidade asusta. 
Esta imaxe podería definirnos ao comezo do noso curso académico.


Despois de ter cursado durante catro meses esta asignatura, a nosa visión sobre á tecnoloxía é diferente. Agora comprendemos que, con esforzo e entusiasmo, é fácil conseguir que os nenos e nenas aprendan ao mesmo tempo que se divirten. Grazas á información obtida, podemos deixar a un lado as aburridas clases maxistrais e centrarnos nunha aprendizaxe máis dinámica, máis entretida e , sobre todo, máis significativa.
Ademáis, tamén descubrimos que as TIC son unha boa ferramenta de aprendizaxe para o alumnado que presenta algunha dificultade, xa sexa de tipo motriz ou mental, polo que nos resultará máis doado traballar con el.






As mestras do futuro chegamos para mellorar á educación!!

martes, 28 de abril de 2015

Valoración crítica dos blogs dos nosos compañeiros e compañeiras


Tecliña a tecliña
Boa presentación, aínda que quizais o verde sexa repetitivo.
Gústanos a idea da música, ademais de ser unha canción que normalmente gusta á gran maioría.
É un blog bastante completo e fácil de comprender, polo que resulta útil.
O deseño é moi axeitado e chama a atención, polo que se trata dun punto a favor.
Empregan unha linguaxe sinxela e apoian os contidos con imaxes.
En xeral está moi ben, nótase o tempo empregado.

En xeral bastante ben e apto para a idade á que vai dirixido.
Tratan dunha maneira sinxela un tema tan importante como o deporte, e fan chegar á mensaxe aos lectores e lectoras.
Quizais exista demasiada letra, pero tamén conta con imaxes que apoian o contido.
Gústanos a idea do reloxo e do calendario como temos nós.

Atopamos unha excesiva carga de información e moi poucas imaxes de apoio.
A letra quizais debería ser un pouco máis grande, para captar mellor a atención e facilitar a lectura do que se quere transmitir.
A idea da música de fondo está ben.

O blog en xeral está bastante ben.
Cremos que en ocasións existe demasiada letra e botamos en falta algunha que outra imaxe de apoio.
Está ben redactado todo, de xeito claro e abundante

O blog está moi completo e a información ben redactada, pero botamos en falta imaxes de apoio.
Consideramos que o deseño é un pouco frío, é dicir, non capta moito a atención.

A idea da música está moi ben, e fai o blog máis atractivo.
Non se pode ler ben a información debido á cor desta e á tonalidade da imaxe de fondo.
Existen demasiadas imaxes e moi pouca información, e ás veces non existe relación entre ambas.

En xeral gústanos bastante e cremos que tratan o tema de maneira sinxela pero detallada.
O póster está moi traballado e recolle perfectamente o traballo realizado.
Ás veces bótase en falta algunha imaxe de apoio pero a verdade é que está completo.

Parécenos un blog con aspecto clásico e, a pesar de non ter moita animación, gústanos bastante.
A música relaxante dalle un bo toque ao blog.
Non ten moita letra pero está todo explicado claramente e acompañado con imaxes.

É un blog sinxelo pero trata todos os puntos.
Botamos en falta explicacións nalgunhas imaxes que se presentan só cun enlace.
O reloxo é moi boa idea e ademais a cor destaca bastante.

É un blog bastante completo, ten moita información.
En determiñadas entradas carece de imaxes que poderían ser útiles para unha mellor comprensión do que se quere transmitir.
En xeral bastante ben.

GreenTic
Gústanos moito a presentación deste blog.
É moi creativo e chama moito a atención.
Non só trata os temas que lle corresponden de maneira detallada, senón que tamén realizan actividades relacionadas con outros temas como o día das nais, por exemplo.
O contido está relacionado sempre con imaxes, polo que é máis fácil entender o que se expresa.

O blog é bastante completo e ten moita información e imaxes que captan a atención.
Quizais sexa un pouco serio para nenos e nenas de primaria.
O diseño está bastante ben, aínda que para o noso gusto cambiaríamos a imaxe de fondo por unha         máis vistosa e que chamara máis a atención dos cativos e cativas.

O diseño deste blog é o que máis nos gusta de todos, é moi orixinal, chama moito a atención e é moi axeitado para os nenos e nenas de primaria.
O nome do blog tamén nos parece moi orixinal.
A pega que lle atopamos é que ten demasiado texto e moi poucas imaxes para apoiar á información; polo demáis, e un blog bastante completo.

O nome parécenos moi orixinal e o diseño encántanos a todas as compoñentes do grupo.
Ten información relacionada con imaxes e repartidas de maneira equitativa, de tal xeito que é moito máis sinxelo comprender a información que queren transmitir.
Tamén nos gusta moito o tipo de letra empregado; é basante grande e parece ser escrita a lápiz, o que cremos que vai chamar a atención dos cativos e cativas.

Consideramos que é un blog bastante pobre e non apto para nenos e nenas de primaria.
O diseño é moi sinxelo e non capta a atención.
Está bastante incompleto.


Sabemos que detrás de todos os blogs hai esforzo e tempo de dedicación, así que noraboa a todos e todas e seguide adiante con eles!

miércoles, 22 de abril de 2015

SPOT PUBLICITARIO: "Somos ambiente"

ANÁLISE OBXETIVO


1. Descripción do anuncio

O spot que estamos analizando trátase dun comercial da campaña “Somos Ambiente” desenvolvido pola Presidencia de la Nación (Arxentina). Este anuncia o coidado que todos os cidadáns e cidadás debemos ter co ambiente, pois el é a nosa vida, e debemos respetalo. O soporte no que se atopa dito spot, é un soporte dixital e podemos acceder a el a través dun ordenador ou móbil, así como tamén podemos atopalo na televisión.

2. Descrición da imaxe
O spot é moi colorido, usa unha ampla gama de cores que chaman a atención e fan o anuncio máis atractivo. Ademais, conta cunha gran iluminación, polo que se fai máis vistoso. En canto ao plano da imaxe, podemos falar dun plano xeral, pois visualízase completamente todos os elementos da escena, é dicir, aparecen todas as persoas de pés a cabeza, sen ningún recorte.
Dende o noso punto de vista, este spot parécenos moi axeitado porque capta moito a atención do espectador. Isto débese á variedade de escenas que se presentan con múltiples elementos (primeiro un campo, despois unha cidade, nenos, animais...). Ademais, adáptanse aos contidos do nivel empregado no noso proxecto, de tal forma que os nenos e nenas de 9-10 anos, non terán ningún problema para entendelo.

3. Descrición do texto
Acerca de este spot, podemos dicir que practicamente carece de texto, soamente o atopamos ao remate do mesmo. Así pois, aparece o título do spot (“Somos Ambiente)”, cun logotipo dunha flor, seguido dunha oración moralizante que busca concienciar á sociedade (“ Nuestra vida depende tu cuidado”). Por último, faise referencia ao responsable deste anuncio, que sería a Presidencia de la Nación de Arxentina.


ANÁLISE INTERPRETATIVO


1. Público ao que vai dirixido
Este spot vai dirixido á sociedade en xeral, e é apto para todos os públicos, dende os máis cativos ata os maiores.

2. Características da imaxe
En canto as características da imaxe do noso spot, podemos falar primeiramente dunha gran iconicidade, debido a que se trata dun spot en cor e non en branco e negro. En segundo lugar, non existe abstracción, senón que se trata dunha imaxe realista, pois non son nin imaxes arbitrarias, nin surrealistas nin abstractas; son imaxes que teñen relación coa realidade. En terceiro lugar, podíamos dicir que as imaxes son complexas porque requiren tempo e atención do espectador para a súa análise. Ademais, estas imaxes son polisémicas; representa un aspecto da realidade e suxire significados máis complexos. En cuarto lugar, as imaxes son polisémicas, pois son as máis empregadas para a publicidade. Estas encárganse de transmitir unha mensaxe oculta e máis profunda. En quinto e último lugar, podemos falar de que as imaxes son orixinais, xa que resultan innovadoras polo feito de que o mundo require movemento, ademais de que as imaxes van aparecendo a medida que este se move.

3. Mensaxe do anuncio
O obxectivo principal do spot é concienciar a sociedade da importancia que ten o medio ambiente nas nosas vidas. Así pois, a través da aparición de diversos ambientes (campos, prados, cidades, industrias, montañas...) demóstranos cómo todo forma parte dunha rede de vida, é dicir, todo está relacionado.
Sen embargo, na metade do anuncio existe un contraste en canto a luz, pois desaparece a iluminación para facer fincapé no que se quere comunicar nese momento. Concretamente, a idea que se transmite é que os cidadáns e cidadás empregamos os recursos da terra como se fosen ilimitados, sen decatarnos de que todo ten un fin. Así pois, debemos por en práctica os nosos coñecementos de forma axeitada e empregar estes recursos de forma concienciada.
En canto a relación de texto-imaxe, como ben comentamos anteriormente, unicamente atopamos o título do anuncio e a oración moralizadora, que pretende resaltar a idea primordial que primeiramente se fixo mediante imaxes. Así pois, o que se quixo resaltar con este spot é o coidado da natureza e importancia que esta ten.

4. Sistema de valores
O spot caracterízase pola creatividade e a imaxinación, sobre todo se nos referimos á presentación de imaxes, pois estas son atractivas e interesantes, reais e diversas. Por outro lado, tamén debemos falar do respeto como outro valor, que é precisamente o que pretende comunicar o anuncio.


ANÁLISE SUBXETIVO


1. Opinión persoal
Na nosa opinión, cremos que este anuncio está moi ben elaborado, sobre todo polo enfoque que se emprega. O feito de que o mundo cobre vida, e xire, é moi orixinal e chama moito a atención, sobre todo a dos mais cativos. Ademais, ao presentar as imaxes de forma lineal e mostrando a relación existente entre cada unha delas, fai recapacitar ao espectador sobre o contido que se quere trasmitir.

2. Cómo farías ti o anuncio
A dicir verdade, a todas as compoñentes do noso grupo gústalles moito este anuncio. Nun primeiro momento non faríamos cambios, polo menos non na presentación. Cremos que a temática é correcta e axeitada especialmente para o noso alumnado de cuarto curso de educación primaria. O único cambio que realizaríamos sería o idioma, pois o noso interese é facelo en galego fronte ao arxentino deste anuncio.


Aquí tedes o spot publicitario:

Esperamos que vos guste!

SERIE DE DEBUXOS: "Narigota: emerxencia no bosque"


FICHA TÉCNICA:
- ANO: 2001
- PRODUCTORA: Televisión de Galicia (RTVG)
- DIRECCIÓN: Enrique Uviedo
- TEMÁTICA: Os elementos (lume, auga, vento e terra), centrándose sobre todo na auga.
- PERSONAXES: Narigota, Frigote, Vaporón, Boliga, Xermón.
- SIPNOSE: Narigota é unha gota de auga que coa axuda dos seus amigos, Vaporón e Frigote, intentarán evitar que Xermón e os seus compañeiros arrasen o planeta axudando a que a auga complete o seu ciclo natural.


ANÁLISE TÉCNICO DE CORES, PLANOS, ÁNGULOS, ENCADRE,…

Nesta serie empréganse unha ampla gama de cores, bastantes vistosas, conseguindo así a atención dos espectadores e espectadoras. Ademais as cores son bastante vivas, polo que resulta máis atractivo ver a serie. Sen embargo, nos momentos no que aparece o deserto, as cores son máis cálidas e menos alegres, querendo resaltar así a pobreza do lugar.
Por outro lado, en canto aos planos, podemos distinguir varios tipos. Sen dúbida, o plano xeral é o dominante, pois normalmente visualízanse completamente todos os elementos da escena, é dicir, aparecen todos os elementos enteiros. Sen embargo, tamén existen momentos nos que podemos falar dun primeiro plano ou plano detalle, cando se queren enfocar os elementos para darlle maior importancia. Isto ocorre, por exemplo, cando fala algunha personaxe (Narigolas, Musgoso, Junior..) ou cando aparece o fume para arrasar con todo o bosque. En canto aos ángulos, normalmente emprégase un ángulo normal, é dicir, na liña da mirada da personaxe. Sen embargo, ao comezo do episodio podemos falar dun ángulo contrapicado, pois aparece por debaixo da liña da mirada. E, por último, se falamos do remato do episodio, no momento dende o que aparece o fume e o bosque comeza a arder, podemos facer referencia a un ángulo de vista de paxaro, pois a cámara sitúase por riba das personaxes, nun ángulo tamén perpendicular.

UTILIDADE EDUCATIVA
Creemos que esta serie é moi importante para a educación dos nenos e nenas, xa que nos amosa a importancia que ten o medio no que vivimos. Ademais, promove e conciencia aos rapaces e rapazas a preocupación polo medio ambiente. De esta forma, con esta serie pódese traballar todas as unidades didácticas relacionadas coa natureza, coa non-contaminación, así como un consumo responsable da auga.

VALORACIÓN CRÍTICA
O noso grupo está de acordo en que, a pesar de ser unha serie de fai moito tempo, é moi interesante que os nenos e nenas a coñezan. Isto é porque ensínaselles, aos rapaces e rapazas, a respectar o mundo no que vivimos, así como medidas para vivir mellor. Ademais, a serie trata a área de ciencias da natureza, polo que se poden sacar contidos interesantes para que os nenos e nenas aprendan.

PROPOSTAS DE MELLORA
Unha das nosas propostas de mellora, sería que a serie abarcara máis contidos, pois ás veces quédanse un pouco escasos. Outra das propostas sería que a serie fora máis longa, xa que está composta só por unha tempada de 26 episodios. Por último, gustaríanos que esta serie volvera á televisión e se actualizara, posto que o formato xa se queda un pouco obsoleto no mundo tecnolóxico no que vivimos agora.

GUÍA DE VISIONADO
Dende o noso punto de vista, cremos que existen escenas verdadeiramente importantes e, sobre todo, atractivas, de tal xeito que capta a atención dos espectadores e espectadoras. Podíamos falar así de escenas como o momento no que Narigolas se filtra na terra para coñecer o proceso de produción de osíxeno, realizado polas árbores ( mins 7-14). Así pois, vai coñecendo todos os elementos que participan neste proceso, como o zume bruto e a clorofila, e coñece o proceso da fotosíntese, sen o que non poderíamos vivir, pois faltaríanos o aire limpo.
Outro dos momentos importantes que debemos destacar atopámolo entre os minutos 17 e 21. Trátase do momento no que a gota de alcohol toca o lume e se produce o gran incendio. A partires de aquí, todo o bosque vaise queimando, polo que serve de concienciación para os rapaces e rapazas, para que se decaten do perigo que supón dito elemento.
Por último, ao final do episodio faise un resumo da importancia que teñen os bosques nas nosas vidas e do cómo debemos respetalo e coidalo, polo que tamén resulta moi útil. Así pois, podíamos dicir que todas estas escenas son aptas para a nosa explicación dos contidos, polo que serían unha boa ferramenta de apoio á aprendizaxe.



Para ver o capítulo, premede neste enlace: Emerxencia no bosque
Esperamos que vos guste!





PELÍCULA: "Vecinos Invasores"


FICHA TÉCNICA:

- ANO: 2006.
- PRODUCTORA: Dreamworks Animation
- DIRECCIÓN: Tim Johnson e Karey Kirkpatrick
- TEMÁTICA: Natureza, compañerismo e traballo en equipo.
-PERSONAXES: RJ, Verne, Harmy, Stella, Ozzie, Heather, PEnny, Lou, Vincent, Tiger, Gladys, Daniel.
- SIPNOSE: Cando RJ (un traveso mapache estafador), Verne (unha tímida tartaruga), e os seus amigos do bosque descobren que alguén construíu unhas casas no seu territorio, a primeira reacción da tartaruga é meterse na súa cuncha e retroceder, pero o mapache oportunista dáse conta das posibilidades qye ofrecen os seus novos inxenuos veciños. Verne e RJ formarán unha inesperada asociación mentres aprenden a coexistir con este estraño mundo chamado "urbanización", e mesmo a explotalo.

ANÁLISE TÉCNICO DE CORES, PLANOS, ÁNGULOS, ENCADRE,…
Na película distinguimos certa diversidade de cores á hora de diferenciar o espazo, como por exemplo no ambiente da natureza que se aprecian en maior medida as cores vivas e alegres, mentres que, na urbanización, podemos percibir tonalidades máis frias coma o gris. Ademáis, relacionamos as cores co benestar dos animais protagonistas nos diferentes lugares; é dicir, no seu entorno natural apreciábanse tons mái alegres mentres que, en sitios que presentaban unha ameaza, como pode ser a cova do oso, aparecían tons máis oscuros.
Diferenciamos diversos planos, entre os cales, destacamos; o plano xeral panorámico ( a presentación da urbanización), o plano detalle ( enfocando a comida preferida do oso), o plano americano ( a muller mantendo unha conversa) e o plano picado ( momento no que a RJ e Verne caen desde o ceo en paracaídas).

UTILIDADE EDUCATIVA
Esta película sírvenos para ter en conta distintos valores necesarios apra a vida en cosiedade. De entre os múltiples valores, imos destacar os que mellor se perciben no visionado da película. Entre eles, atopamos, a amizade que xorde entre RJ e os demáis animais; o amor que se ve entre o gato e a mofeta; a xenerosidade por parte dos animais cara a RJ cando lle preparan un lugar para vivir; a cooperación e participación á hora de recolectar alimentos para o inverno.... Ademáis, tamén podemos observar a importancia que se otorga na película a unha boa convivencia entre os animais así como ter a capacidade de aprender a perdoar os erros dos demáis tras mostrar arrepentimento, como pode verse na escea na que os animais deixan entrar a RJ no camión para que o oso non lle faga dano despois de mostrar remordemento tras telos traizoado.

VALORACIÓN CRÍTICA
Tras ter visto a película "Vecinos invasores", consideramos que poderíaselle outorgar maior importancia a aspectos interesantes como a contaminación, o cal non se reflexa na escea na que os animais buscan no contenedor comida e verten o lixo pola rúa. Ademais, tamén nos parece inapropiado a aparición dunha empresa de exterminación de animais.
Por outro lado, atopamos aspectos positivos, como a representación do dano, que causan os humanos tanto cara o habitat dos animais, como hacia estes mesmos, que non son considerados domésticos, por exemplo o gato que reside na casa ten un mellor trato pola súa dona que os animais que viven no campo. Así mesmo, tamén temos en conta a importancia que ten para os nosos alumnos coñecer os dous mundos ( animal e humano) dende unha perspectiva que non coñecen.

PROPOSTAS DE MELLORA
Para mellorar a película " Vecinos Invasores " establecemos catro propostas clave dende a nosa perspectiva. En primeiro lugar, no tema da contaminación, poderían mostrar algunhas das consecuencias negativas que esta trae consigo para así mentalizar ao espectador; en segundo lugar, poderíase presentar o trato dos humanos cara os animais domésticos para plasmar moito mellor a diferenza entre os domésticos e os salvaxes; en terceiro lugar, a música que se escolleu para está película non é a adecuada e, polo tanto, habería que pensar noutras opcións; e, por último, a existencia do personaxe do exterminador de animais salvaxes consideramos que é impropio.

GUÍA DE VISIONADO
No visionado da película destacamos tres sucesos importantes, nos cales é imprescindible fixarse : a escena na que se encontran na furgoneta intentando escapar ou evadirse do oso, xa que se ve que é algo que non dominan pero, coa participación e a axuda de todos os membros, logran solucionar o problema; outro momento clave é a planificación e execución do roubo da comida da veciña por última vez; e, finalmente, cando, na metade da película, RJ axuda primeiramente a coller a comida para os seus novos amigos e, entre estes, fan un lugar para que RJ viva con eles.


TRAILER DA PELÍCULA:


Mércores, 22 de Abril de 2015

Hoxe fixemos unha análise dun spot publicitario, dunha película e dunha serie, cuxo tema principal está relacionado coa temática do noso blog. Isto subirémolo na seguinte entrada do blog.
Ademais comezamos a elaborar un Póster, onde pretendemos concentrar a esencia do noso blog.

miércoles, 15 de abril de 2015

Actividades JClic

ACTIVIDADE 1
ACTIVIDADE 2
ACTIVIDADE 3
ACTIVIDADE 4
ACTIVIDADE 5

Mércores, 15 de Abril de 2015


Hoxe rematamos a nosa WebQuest en Sites que comezaramos fai unhas semanas.
Ademais, creamos 5 actividades con JClic relacionadas co tema do noso proxecto. Lmebrámosvos que para acceder á nosa Webquest, tendes que premer neste enlace: CHOIVA DE IDEAS

miércoles, 8 de abril de 2015

Mércores, 8 de Abril de 2015

Hoxe dedicamos o día a elaborar dúas actividades de PDI co programa "Software de notebook". Unha trata sobre a reciclaxe e a outra trata sobre o ciclo da auga. Aquí vos deixamos os enlaces e unha pequena mostra delas.
Animádevos a probalas!


ACTIVIDADE DE RECICLAXE

















ACTIVIDADE DO CICLO DA AUGA


jueves, 26 de marzo de 2015

EDILIM

Deseñamos para vós, unhas actividades relacionadas coas ciencias sociais e da natureza. 

A primeira actividade consiste en que, a partir dunhas imaxes, os alumnos teñen que buscar o nome dos ríos na sopa de letras.




Na segunda actividade, os alumnos aprenderán a reciclar e separar os obxectos que van no colector de lixo amarelo, dos residuos orgánicos.




A terceira actividade básase no tema da materia e enerxía, polo que os alumnos teñen que clasificar os elementos que se presentan segundo precisen ou non enerxía.




A cuarta actividade consiste en que os alumnos clasifiquen as imaxes segundo sexan: plantas, árbores ou arbustos.




Por último, nesta actividade os alumnos terán que escribir nos recadros se as imaxes conteñen un ser vivo ou un ser inerte.

E...por fin temos páxina web!

Durante estes días estivemos creando unha páxina web en Sites, para que todos vós a poidades desfrutar. É a primeira Webquest que creamos, polo que nos desculpamos de antemán se se produce algún erro. Para acceder a ela, premede neste enlace: Choiva de ideas.
Agardamos que sexa do voso agrado!

miércoles, 25 de marzo de 2015

Actividades con EdiLim e PDI

Hoxe iniciamos unha nova práctica que consistía en empregar dous programas informáticos; o EdiLim e o Notebook, concretamente o PDI. A tarefa consistía en facer cinco actividades co primeiro programa e un par delas co segundo. Sen embargo, só tivemos a posibilidade de realizar as actividades co EdiLim porque non dispoñiamos de ordenadores suficientes. Así pois, continuaremos con elas o próximo día, e agardamos que dentro de pouco estean á vosa disposición.

Disfrutade  das vacacións!!

miércoles, 18 de marzo de 2015

Portais e webs educativas

Neste traballo, recollemos algúns exemplos de Portais de Webs educativas, tanto para docentes como para estudantes: Portais e Webs educativas

Esperamos que vos guste!

Mércores, 18 de Marzo de 2015

Hoxe comezamos a búsqueda dos portais e webs educativas para a realización da actividade.

viernes, 13 de marzo de 2015

Informe: "Todos somos natureza"


Hoxe, rematamos o noso informe, chamado "Todos somos natureza". Para poder velo, fai clic en: Informe.
(Unha vez aberto o arquivo, cerrade a primeira ventá que aparece para crear unha conta. Logo disto, aparecerá o noso arquivo).
Esperemos que sexa do voso agrado!

miércoles, 11 de marzo de 2015

Mércores, 11 de Marzo de 2015

Hoxe revisamos o noso proxecto, aquel para o cal escolleramos o curso de cuarto de primaria e as áreas de ciencias naturais e sociais, e fixemos os cambios necesarios para rematalo. Así pois, para a semana que vén subirémolo ao blog e estará á vosa disposición. Boa semana!

miércoles, 4 de marzo de 2015

Mércores, 4 de Marzo de 2015



Despois de que na anterior sesión, comezaramos coa metodoloxía das actividades, hoxe entre todas as compoñentes do grupo finalizamos esta tarefa e así posteriormente realizar os plans de convivencia, lingüísticos, etc. dos bloques de ciencias da natureza e ciencias sociais de Educación Primaria.

miércoles, 25 de febrero de 2015

Mércores, 25 de Febreiro de 2015


Na sesión de hoxe, creamos novas actividades basándonos nos bloques de ciencias da natureza e ciencias sociais de 4º de Educación Primaria. Ademáis, deseñamos a metodoloxía dalgunhas das actividades xa deseñadas anteriormente.

lunes, 9 de febrero de 2015

Luns, 9 de Febreiro do 2015


Hoxe completamos as táboas que fan referencia a unha área concreta do currículo (do curso de cuarto), a partir da cal imos elaborar o noso proxecto. Nesta puxemos, en primeiro lugar, os obxectivos que queremos acadar coas actividades; en segundo lugar, os contidos dos bloques que eleiximos; en terceiro lugar, os criterios de avaliación que imos empregar para valorar as actividades; en cuarto lugar, os estándares de aprendizaxe; e, por último, as competencias que o alumnado acadaría (por exemplo, a competencia de comunicación lingüística). Ademáis, unha vez cuberta a táboa cos seus correspondentes apartados ,comezamos a elaborar as actividades que imos  realizar e a informarnos dutras xa realizadas que nos poden servir de axuda. Por último, no día de hoxe configuramos a nosa wiki.

miércoles, 4 de febrero de 2015

Mércores, 4 de Febreiro do 2015


  Hoxe decidimos crear un novo proxecto, ao que denominamos "Todos somos natureza"

  
  O nome débese a que o noso tema é a concienciación da importancia que ten o coidado do medio ambiente. As áreas do currículo de Educación Primaria que se corresponden co tema que eliximos son as Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais.

  Para comezar con este proxecto, empezamos a relacionar o currículo de 4º de Educación Primaria, co tema que queremos tratar, elaborando un cadro.
  

miércoles, 21 de enero de 2015

Mércores, 21 de xaneiro do 2015




Hoxe tomamos a decisión de crear un blog para todos vós. 


Primeiramente tivemos que crear unha conta de gmail, pois é a única maneira de acceder ao blog.


Unha vez creada a nosa conta, entramos na páxina de blogger.com e probamos o nome que tiñamos pensado para o noso espazo. A sorpresa foi grande cando, despois de probar, seis nomes diferentes, ningún era válido. 


Ante esta situación, decidimos encender outro ordenador, que finalmente funcionou: "Choiva de ideas" é o nome. 

Finalmente, creamos as etiquetas, e publicamos a nosa primeira entrada.

Mensaxe de benvida

Eliximos este nome
"Choiva de ideas"
porque queremos compartir 
coñecementos a moreas.

Neste blog

tan divertido,
non atoparedes
nada aburrido.

Se queredes pasar

un rato entretido,
pulsade co rato
¡ e benvidos!