miércoles, 22 de abril de 2015

SERIE DE DEBUXOS: "Narigota: emerxencia no bosque"


FICHA TÉCNICA:
- ANO: 2001
- PRODUCTORA: Televisión de Galicia (RTVG)
- DIRECCIÓN: Enrique Uviedo
- TEMÁTICA: Os elementos (lume, auga, vento e terra), centrándose sobre todo na auga.
- PERSONAXES: Narigota, Frigote, Vaporón, Boliga, Xermón.
- SIPNOSE: Narigota é unha gota de auga que coa axuda dos seus amigos, Vaporón e Frigote, intentarán evitar que Xermón e os seus compañeiros arrasen o planeta axudando a que a auga complete o seu ciclo natural.


ANÁLISE TÉCNICO DE CORES, PLANOS, ÁNGULOS, ENCADRE,…

Nesta serie empréganse unha ampla gama de cores, bastantes vistosas, conseguindo así a atención dos espectadores e espectadoras. Ademais as cores son bastante vivas, polo que resulta máis atractivo ver a serie. Sen embargo, nos momentos no que aparece o deserto, as cores son máis cálidas e menos alegres, querendo resaltar así a pobreza do lugar.
Por outro lado, en canto aos planos, podemos distinguir varios tipos. Sen dúbida, o plano xeral é o dominante, pois normalmente visualízanse completamente todos os elementos da escena, é dicir, aparecen todos os elementos enteiros. Sen embargo, tamén existen momentos nos que podemos falar dun primeiro plano ou plano detalle, cando se queren enfocar os elementos para darlle maior importancia. Isto ocorre, por exemplo, cando fala algunha personaxe (Narigolas, Musgoso, Junior..) ou cando aparece o fume para arrasar con todo o bosque. En canto aos ángulos, normalmente emprégase un ángulo normal, é dicir, na liña da mirada da personaxe. Sen embargo, ao comezo do episodio podemos falar dun ángulo contrapicado, pois aparece por debaixo da liña da mirada. E, por último, se falamos do remato do episodio, no momento dende o que aparece o fume e o bosque comeza a arder, podemos facer referencia a un ángulo de vista de paxaro, pois a cámara sitúase por riba das personaxes, nun ángulo tamén perpendicular.

UTILIDADE EDUCATIVA
Creemos que esta serie é moi importante para a educación dos nenos e nenas, xa que nos amosa a importancia que ten o medio no que vivimos. Ademais, promove e conciencia aos rapaces e rapazas a preocupación polo medio ambiente. De esta forma, con esta serie pódese traballar todas as unidades didácticas relacionadas coa natureza, coa non-contaminación, así como un consumo responsable da auga.

VALORACIÓN CRÍTICA
O noso grupo está de acordo en que, a pesar de ser unha serie de fai moito tempo, é moi interesante que os nenos e nenas a coñezan. Isto é porque ensínaselles, aos rapaces e rapazas, a respectar o mundo no que vivimos, así como medidas para vivir mellor. Ademais, a serie trata a área de ciencias da natureza, polo que se poden sacar contidos interesantes para que os nenos e nenas aprendan.

PROPOSTAS DE MELLORA
Unha das nosas propostas de mellora, sería que a serie abarcara máis contidos, pois ás veces quédanse un pouco escasos. Outra das propostas sería que a serie fora máis longa, xa que está composta só por unha tempada de 26 episodios. Por último, gustaríanos que esta serie volvera á televisión e se actualizara, posto que o formato xa se queda un pouco obsoleto no mundo tecnolóxico no que vivimos agora.

GUÍA DE VISIONADO
Dende o noso punto de vista, cremos que existen escenas verdadeiramente importantes e, sobre todo, atractivas, de tal xeito que capta a atención dos espectadores e espectadoras. Podíamos falar así de escenas como o momento no que Narigolas se filtra na terra para coñecer o proceso de produción de osíxeno, realizado polas árbores ( mins 7-14). Así pois, vai coñecendo todos os elementos que participan neste proceso, como o zume bruto e a clorofila, e coñece o proceso da fotosíntese, sen o que non poderíamos vivir, pois faltaríanos o aire limpo.
Outro dos momentos importantes que debemos destacar atopámolo entre os minutos 17 e 21. Trátase do momento no que a gota de alcohol toca o lume e se produce o gran incendio. A partires de aquí, todo o bosque vaise queimando, polo que serve de concienciación para os rapaces e rapazas, para que se decaten do perigo que supón dito elemento.
Por último, ao final do episodio faise un resumo da importancia que teñen os bosques nas nosas vidas e do cómo debemos respetalo e coidalo, polo que tamén resulta moi útil. Así pois, podíamos dicir que todas estas escenas son aptas para a nosa explicación dos contidos, polo que serían unha boa ferramenta de apoio á aprendizaxe.



Para ver o capítulo, premede neste enlace: Emerxencia no bosque
Esperamos que vos guste!





No hay comentarios:

Publicar un comentario