miércoles, 22 de abril de 2015

SPOT PUBLICITARIO: "Somos ambiente"

ANÁLISE OBXETIVO


1. Descripción do anuncio

O spot que estamos analizando trátase dun comercial da campaña “Somos Ambiente” desenvolvido pola Presidencia de la Nación (Arxentina). Este anuncia o coidado que todos os cidadáns e cidadás debemos ter co ambiente, pois el é a nosa vida, e debemos respetalo. O soporte no que se atopa dito spot, é un soporte dixital e podemos acceder a el a través dun ordenador ou móbil, así como tamén podemos atopalo na televisión.

2. Descrición da imaxe
O spot é moi colorido, usa unha ampla gama de cores que chaman a atención e fan o anuncio máis atractivo. Ademais, conta cunha gran iluminación, polo que se fai máis vistoso. En canto ao plano da imaxe, podemos falar dun plano xeral, pois visualízase completamente todos os elementos da escena, é dicir, aparecen todas as persoas de pés a cabeza, sen ningún recorte.
Dende o noso punto de vista, este spot parécenos moi axeitado porque capta moito a atención do espectador. Isto débese á variedade de escenas que se presentan con múltiples elementos (primeiro un campo, despois unha cidade, nenos, animais...). Ademais, adáptanse aos contidos do nivel empregado no noso proxecto, de tal forma que os nenos e nenas de 9-10 anos, non terán ningún problema para entendelo.

3. Descrición do texto
Acerca de este spot, podemos dicir que practicamente carece de texto, soamente o atopamos ao remate do mesmo. Así pois, aparece o título do spot (“Somos Ambiente)”, cun logotipo dunha flor, seguido dunha oración moralizante que busca concienciar á sociedade (“ Nuestra vida depende tu cuidado”). Por último, faise referencia ao responsable deste anuncio, que sería a Presidencia de la Nación de Arxentina.


ANÁLISE INTERPRETATIVO


1. Público ao que vai dirixido
Este spot vai dirixido á sociedade en xeral, e é apto para todos os públicos, dende os máis cativos ata os maiores.

2. Características da imaxe
En canto as características da imaxe do noso spot, podemos falar primeiramente dunha gran iconicidade, debido a que se trata dun spot en cor e non en branco e negro. En segundo lugar, non existe abstracción, senón que se trata dunha imaxe realista, pois non son nin imaxes arbitrarias, nin surrealistas nin abstractas; son imaxes que teñen relación coa realidade. En terceiro lugar, podíamos dicir que as imaxes son complexas porque requiren tempo e atención do espectador para a súa análise. Ademais, estas imaxes son polisémicas; representa un aspecto da realidade e suxire significados máis complexos. En cuarto lugar, as imaxes son polisémicas, pois son as máis empregadas para a publicidade. Estas encárganse de transmitir unha mensaxe oculta e máis profunda. En quinto e último lugar, podemos falar de que as imaxes son orixinais, xa que resultan innovadoras polo feito de que o mundo require movemento, ademais de que as imaxes van aparecendo a medida que este se move.

3. Mensaxe do anuncio
O obxectivo principal do spot é concienciar a sociedade da importancia que ten o medio ambiente nas nosas vidas. Así pois, a través da aparición de diversos ambientes (campos, prados, cidades, industrias, montañas...) demóstranos cómo todo forma parte dunha rede de vida, é dicir, todo está relacionado.
Sen embargo, na metade do anuncio existe un contraste en canto a luz, pois desaparece a iluminación para facer fincapé no que se quere comunicar nese momento. Concretamente, a idea que se transmite é que os cidadáns e cidadás empregamos os recursos da terra como se fosen ilimitados, sen decatarnos de que todo ten un fin. Así pois, debemos por en práctica os nosos coñecementos de forma axeitada e empregar estes recursos de forma concienciada.
En canto a relación de texto-imaxe, como ben comentamos anteriormente, unicamente atopamos o título do anuncio e a oración moralizadora, que pretende resaltar a idea primordial que primeiramente se fixo mediante imaxes. Así pois, o que se quixo resaltar con este spot é o coidado da natureza e importancia que esta ten.

4. Sistema de valores
O spot caracterízase pola creatividade e a imaxinación, sobre todo se nos referimos á presentación de imaxes, pois estas son atractivas e interesantes, reais e diversas. Por outro lado, tamén debemos falar do respeto como outro valor, que é precisamente o que pretende comunicar o anuncio.


ANÁLISE SUBXETIVO


1. Opinión persoal
Na nosa opinión, cremos que este anuncio está moi ben elaborado, sobre todo polo enfoque que se emprega. O feito de que o mundo cobre vida, e xire, é moi orixinal e chama moito a atención, sobre todo a dos mais cativos. Ademais, ao presentar as imaxes de forma lineal e mostrando a relación existente entre cada unha delas, fai recapacitar ao espectador sobre o contido que se quere trasmitir.

2. Cómo farías ti o anuncio
A dicir verdade, a todas as compoñentes do noso grupo gústalles moito este anuncio. Nun primeiro momento non faríamos cambios, polo menos non na presentación. Cremos que a temática é correcta e axeitada especialmente para o noso alumnado de cuarto curso de educación primaria. O único cambio que realizaríamos sería o idioma, pois o noso interese é facelo en galego fronte ao arxentino deste anuncio.


Aquí tedes o spot publicitario:

Esperamos que vos guste!

No hay comentarios:

Publicar un comentario