miércoles, 22 de abril de 2015

PELÍCULA: "Vecinos Invasores"


FICHA TÉCNICA:

- ANO: 2006.
- PRODUCTORA: Dreamworks Animation
- DIRECCIÓN: Tim Johnson e Karey Kirkpatrick
- TEMÁTICA: Natureza, compañerismo e traballo en equipo.
-PERSONAXES: RJ, Verne, Harmy, Stella, Ozzie, Heather, PEnny, Lou, Vincent, Tiger, Gladys, Daniel.
- SIPNOSE: Cando RJ (un traveso mapache estafador), Verne (unha tímida tartaruga), e os seus amigos do bosque descobren que alguén construíu unhas casas no seu territorio, a primeira reacción da tartaruga é meterse na súa cuncha e retroceder, pero o mapache oportunista dáse conta das posibilidades qye ofrecen os seus novos inxenuos veciños. Verne e RJ formarán unha inesperada asociación mentres aprenden a coexistir con este estraño mundo chamado "urbanización", e mesmo a explotalo.

ANÁLISE TÉCNICO DE CORES, PLANOS, ÁNGULOS, ENCADRE,…
Na película distinguimos certa diversidade de cores á hora de diferenciar o espazo, como por exemplo no ambiente da natureza que se aprecian en maior medida as cores vivas e alegres, mentres que, na urbanización, podemos percibir tonalidades máis frias coma o gris. Ademáis, relacionamos as cores co benestar dos animais protagonistas nos diferentes lugares; é dicir, no seu entorno natural apreciábanse tons mái alegres mentres que, en sitios que presentaban unha ameaza, como pode ser a cova do oso, aparecían tons máis oscuros.
Diferenciamos diversos planos, entre os cales, destacamos; o plano xeral panorámico ( a presentación da urbanización), o plano detalle ( enfocando a comida preferida do oso), o plano americano ( a muller mantendo unha conversa) e o plano picado ( momento no que a RJ e Verne caen desde o ceo en paracaídas).

UTILIDADE EDUCATIVA
Esta película sírvenos para ter en conta distintos valores necesarios apra a vida en cosiedade. De entre os múltiples valores, imos destacar os que mellor se perciben no visionado da película. Entre eles, atopamos, a amizade que xorde entre RJ e os demáis animais; o amor que se ve entre o gato e a mofeta; a xenerosidade por parte dos animais cara a RJ cando lle preparan un lugar para vivir; a cooperación e participación á hora de recolectar alimentos para o inverno.... Ademáis, tamén podemos observar a importancia que se otorga na película a unha boa convivencia entre os animais así como ter a capacidade de aprender a perdoar os erros dos demáis tras mostrar arrepentimento, como pode verse na escea na que os animais deixan entrar a RJ no camión para que o oso non lle faga dano despois de mostrar remordemento tras telos traizoado.

VALORACIÓN CRÍTICA
Tras ter visto a película "Vecinos invasores", consideramos que poderíaselle outorgar maior importancia a aspectos interesantes como a contaminación, o cal non se reflexa na escea na que os animais buscan no contenedor comida e verten o lixo pola rúa. Ademais, tamén nos parece inapropiado a aparición dunha empresa de exterminación de animais.
Por outro lado, atopamos aspectos positivos, como a representación do dano, que causan os humanos tanto cara o habitat dos animais, como hacia estes mesmos, que non son considerados domésticos, por exemplo o gato que reside na casa ten un mellor trato pola súa dona que os animais que viven no campo. Así mesmo, tamén temos en conta a importancia que ten para os nosos alumnos coñecer os dous mundos ( animal e humano) dende unha perspectiva que non coñecen.

PROPOSTAS DE MELLORA
Para mellorar a película " Vecinos Invasores " establecemos catro propostas clave dende a nosa perspectiva. En primeiro lugar, no tema da contaminación, poderían mostrar algunhas das consecuencias negativas que esta trae consigo para así mentalizar ao espectador; en segundo lugar, poderíase presentar o trato dos humanos cara os animais domésticos para plasmar moito mellor a diferenza entre os domésticos e os salvaxes; en terceiro lugar, a música que se escolleu para está película non é a adecuada e, polo tanto, habería que pensar noutras opcións; e, por último, a existencia do personaxe do exterminador de animais salvaxes consideramos que é impropio.

GUÍA DE VISIONADO
No visionado da película destacamos tres sucesos importantes, nos cales é imprescindible fixarse : a escena na que se encontran na furgoneta intentando escapar ou evadirse do oso, xa que se ve que é algo que non dominan pero, coa participación e a axuda de todos os membros, logran solucionar o problema; outro momento clave é a planificación e execución do roubo da comida da veciña por última vez; e, finalmente, cando, na metade da película, RJ axuda primeiramente a coller a comida para os seus novos amigos e, entre estes, fan un lugar para que RJ viva con eles.


TRAILER DA PELÍCULA:


No hay comentarios:

Publicar un comentario