
Hoxe completamos as táboas que fan referencia a unha área concreta do currículo (do curso de cuarto), a partir da cal imos elaborar o noso proxecto. Nesta puxemos, en primeiro lugar, os obxectivos que queremos acadar coas actividades; en segundo lugar, os contidos dos bloques que eleiximos; en terceiro lugar, os criterios de avaliación que imos empregar para valorar as actividades; en cuarto lugar, os estándares de aprendizaxe; e, por último, as competencias que o alumnado acadaría (por exemplo, a competencia de comunicación lingüística). Ademáis, unha vez cuberta a táboa cos seus correspondentes apartados ,comezamos a elaborar as actividades que imos realizar e a informarnos dutras xa realizadas que nos poden servir de axuda. Por último, no día de hoxe configuramos a nosa wiki.
No hay comentarios:
Publicar un comentario